martes, 12 de agosto de 2014

Xa na recta final...

Entramos na última semana dos Mercados desta edición 2014, a terceira. Para poñer o broche final aos Xoves con Xeito, teremos con nós a Viravolta Títeres co espectáculo Barriga Verde, e a Teira - e - Pedreira no musical.

Os Viravolta revisan neste espectáculo un clásico das feiras e festas galegas, o Pavillón da Risa de Barriga Verde,  tan popular que rematou por designar aos propios monicreques. É un personaxe irreverente, que cuestiona o poder e que remata coa clara frase de "Morreu o demo, acabouse a peseta".

+ + +  a partir das 20:30 horas + + +



Teira-e-Pedreira supón a unión de dúas interesantísimas sensibilidades da música galega: a da nosa conveciña Uxía Pedreira e a do guitarrista Marcos Teira, membros ambos da mítica banda Marful. No seu espectáculo, temas desta formación xunto a versos dos poemas en galego de Lorca, musicados.


+ + +  a partir das 22:30 horas + + +